O luns 26 de outubro marchamos, xunto con outros 3º da ESO ao Parque de Sotaventos. A viaxe foi longa pero levadeira. Ao chegar dividíronnos en tres grupos, cada un cun guía. Explicáronnos un pouco de teoría sobre a enerxía eólica, a solar e a de hidróxeno. Había unha chea de artiluxios para explicar, de forma práctica, as enerxías renovables. Tamén nos ensinaron a dinámica de traballo dun muíño eólico.
Despois de parar para comer fixemos un xogo por equipos no que tiñamos que buscar resposta polas instalacións a unha serie de preguntas. Gañou o equipo H, formado por: Iván, Adrián, José Manuel, Yedra, Ángela (todos de 3º D) e Yéssica de 3ºA. Regaláronnos un xogo para o ordenador e unha pizarra magnética.
Para rematar estivemos dentro dun muíño de 60 m de alto! E volvemos tan contentos.
11 comentarios:
esta ben este blog pero onde pon o de reacion quimica espectacular teriades que aber posto o do neno...
jajajja
moi gracioso, ;)
a escursion estubo chulisima.
si puidera ir outra vez repetiria a escursion.
un saudo
que cachondo sali! :D
ola queria dar un salodo a toda nuestra classe
a visita ao parQue eolico foi espectacular...
paseino realmente ben e aprendimos cousas realmente interesantes,como a ter pequenas cousas en conta para poder aforrar..
repitiria esa experiencia unha e outra vez...
un saludo para a miña clasee
a experiencia que tivemos visitando o parque eolico foi realmente unikaa...gustounos moitisimo as actividades que fixemos para aprender cousa sobre a enerxia...
volveriamos a repetir esta esperiencia as veces que fixese falta...
un saudo para a clase de 3ºD
amin gustoume moito a excurción
aprendin moito,as partes do aeolico
moitos
saudos......
interesante e aburrido menuda combinacion para un video,xao
Iván, esta é a entrada sobre a excursión a Sotavento non sobre o video...
la visita a souta ventos fue muy aburrida porque estavamos no medio do monte el del comentari de erastostenes fui yo
Publicar un comentario