15/12/09

Arquímedes


Arquímedes (287-212 a.C.), notable matemático e inventor grego, que escribiu importantes obras sobre xeometría plana e do espazo, aritmética e mecánica.
Naceu en Siracusa, Sicilia, e educouse en Alexandría, Exipto.
No campo das matemáticas puras, anticipouse a moitos dos descubrimentos da ciencia moderna, como o cálculo integral, cos seus estudos de áreas e volumes de figuras sólidas curvadas e de áreas de figuras planas. Demostrou tamén que o volume dunha esfera é dous tercios do volume do cilindro que a circunscribe.
En mecánica. Arquímedes, definiu a lei da panca e se lle coñece como o inventor da polea composta. Durante a súa estancia en Exipto inventou o parafuso sen fin para eleva-la auga de nivel, pero sobre todo se lle coñece polo descubrimento da lei da hidrostática. Este principio que leva o seu nome, di que todo corpo, cando o mergullamos nun fluído, experimenta unha forza vertical cara arriba, chamada empuxe, que ven sendo igual ao peso de fluído desaloxado polo corpo. Díse que este descubrimento o fixo mentres tomaba un baño e que saíu a rúa espido berrando: EUREKA! (Atopeino!) 

11/11/09

Eratóstenes

Como sabedes, no ámbito científico, adicamos cada tema a un científico/a. En 3º da ESO o tema de magnitudes e unidades está adicado a Eratóstenes.
En espera de completar esta entrada cos vosos traballos voluntarios, aí vos deixo unha axudiña!


Eratóstenes naceu en Alexandría no s.II A.C. Viviu na ciudade de Siena (correspóndese coa actual Asuán.
Segundo conta o historiador Cleómedes, Eratóstenes logrou medir a lonxitude da circunferencia terrestre combinando as seguintes observacións:
- A Terra é esférica.
- Tan só un día ao ano, o Sol está en liña vertical exacta sobre Siena.
- Este fenómeno nunca sucedía en Alexandría, situada a 5000 estadíos ao norte de Siena (un estadío medía ao redor de 150 m )
Con estes datos e resolvendo un pequeno exercicio de trigonometría calculou o valor da circunferencia terrestre cun pequeno erro.

27/10/09

Visita ao Parque Eólico experimental "Sotaventos"

O luns 26 de outubro marchamos, xunto con outros 3º da ESO ao Parque de Sotaventos. A viaxe foi longa pero levadeira. Ao chegar dividíronnos en tres grupos, cada un cun guía. Explicáronnos un pouco de teoría sobre a enerxía eólica, a solar e a de hidróxeno. Había unha chea de artiluxios para explicar, de forma práctica, as enerxías renovables. Tamén nos ensinaron a dinámica de traballo dun muíño eólico.
Despois de parar para comer fixemos un xogo por equipos no que tiñamos que buscar resposta polas instalacións a unha serie de preguntas. Gañou o equipo H, formado por: Iván, Adrián, José Manuel, Yedra, Ángela (todos de 3º D) e Yéssica de 3ºA. Regaláronnos un xogo para o ordenador e unha pizarra magnética.
Para rematar estivemos dentro dun muíño de 60 m de alto! E volvemos tan contentos.

17/10/09

Ano Internacinal da Astonomía


Este ano 2009 foi declarado "Ano Internacional da Astronomía" pola UNESCO para conmemorar o feito de que hai 400 anos que Galileo apuntou o ceo, por primeira vez, cun  telescopio.


Para saber máis sobre Galileo, preme sobre o nome.

15/10/09

Comecemos por presentarnos...




Ola! Somos o alumnado de 3º D do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.
Somos 5 rapaces e 6 rapazas de entre 14 e 16 anos que vimos de entrar este curso no Programa de Diversificación Curricular.

Os nosos nomes son: Leticia, Nuria, Alexandra, Yedra, Ángela, Nerea, Adrián, José Fernández, José Manuel, Matthieu e Iván.

Gustaríanos, xunto cos nosos compañeiros de 4º e a nosa profe do ámbito científico, crear un blog para compartir novas, curiosidades, experimentos e demáis relacionados co estudo das ciencias. Esperemos que vos guste.