22/2/11

2011 Ano Internacional da Química



Hoxe imos tentar retomar o blog despois dun abandono de máis dun ano, perdón, perdón!!!! E que mellor comezo que celebrar que o 2011 foi declarado pola UNESCO como o Ano Internacional da Química.

Por que o 2011? Porque este ano celébrase o 100 aniversario da concesión do Premio Nobel de Química a Marie Curie.

O motivo, a súa contribución como ciencia creativa esencial para mellorar a sostenibilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía e o transporte.

O obxectivo de adicarlle un ano é o fomento entre a población das vantaxes da Química para mellorar a nosa vida cotiá. A UNESCO e a IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) son as institucións designadas para levar a cabo esta promoción.